martes, 25 de noviembre de 2014

ÚLTIMAS NOVEDADES OFERTA DE EMPLEO PÚBLICO XUNTA 2014/15


O director de función pública da algo máis de información fora do que consta no documento escrito:

Haberá algunha praza máis para persoal veterinario que as acumuladas da OEP-2008.
Precisamente de veterinarios-2008 comenta que o retraso na convocatoria debeuse a que houbo demandas xudiciais: 34 interinos que litigaron e a Xunta gañou. Agora está o camiño libre para continuar o proceso.

Non haberá prazas de persoal laboral.

Haberá promoción interna, como mínimo do 25%.

Tentarán que a OEP-2015 se aprobe no primeiro trimestre do 2015 e iría co máximo de prazas que permiten as actuais tasas de reposición.

Promoción interna dos corpos xerais

Non cambian o tipo de probas (din que son “habituais” en todas as administracións).

FUENTE: