jueves, 9 de marzo de 2017

AYUNTAMIENTO DE PAZOS DE BORBÉN

AYUNTAMIENTO DE PAZOS DE BORBÉN

CONVOCATORIA E BASES DO CONCURSO, POR URXENCIA, PARA A SELECCIÓN DE UN POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais que se contarán dende o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

Sistema de selección:

O sistema de selección será o concurso de méritos.
Méritos computables:

a).—Formación: máximo 3 puntos.
— Por posuír o título de bacharelato superior, 1 punto.
— Por posuír o título de FP2 rama administración, 1 punto. Por posuír o título de FP1 rama de administración. 0,5 puntos.
— Outros cursos de formación relacionados coa materia, 0,5 puntos cada curso.

Aplicarase a citada puntuación por unha soa titulación e só pola máis alta alcanzada.
b).—Experiencia: máximo 6 puntos.
— 1 punto por cada mes de servizo en postos similares por servizos prestados en calquera administración pública.

c).—Outros. máximo 1 punto.
— 1 punto por atoparse en situación de desemprego debidamente rexistrado como tal nas correspondentes oficinas de emprego.

No caso de empate na fase de concurso, estarase ao disposto no artigo 44 do Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo.



http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2017/03/09/2017005738