martes, 20 de septiembre de 2016

AYUNTAMIENTO DE REDONDELA


Aprobouse a relación definitiva das persoas admitidas e excluídas para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral fixo do Concello de Redondela, incluídas na oferta de emprego público de 2013, na cal se establece o seguinte.

Designar o tribunal cualificador para cubrir 1 praza de AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A, a tempo parcial (Persoal Funcionario).

A constitución do tribunal e a celebración do primeiro exercicio da fase de oposición será o día 19 de outubro de 2016, quedando convocado o tribunal, ás 8:30 horas e os/as opositores/as, ás 11:00 horas, no Multiusos da Xunqueira, sito no Paseo da Xunqueira.

http://www.boppo.depo.es/detalle/-/boppo/2016/09/20/2016035240