lunes, 19 de septiembre de 2016

Noticias SERGAS

CIG-SAÚDE DEMANDA AO SERGAS NEGOCIAR UN PLAN DE EMPREGO PLURIANUAL E REMATAR COAS TAXAS DE REPOSICIÓN

Un tribunal da UE declara ilegal a sucesión de contratos para cubrir prazas estruturais

Esta sentenza reforza o posicionamento da CIG sobre a necesidade de que dunha vez por todas se elimine a taxa de reposición, e o SERGAS negocie en Mesa Sectorial, tal e como vimos demandando desde hai tempo, un Plan de Emprego, para que todas as prazas estruturais actualmente cubertas con contratos temporais pasen a ser prazas de interinidade e sexan cubertas respectando o Pacto de Contratacións. Unha vez convertidas en vacantes todas as prazas estruturais cubertas con persoal eventual, estas ofertaríanse a traslados e OPE para rematar coa precariedade laboral no SERGAS.
Fonte CIG